Unha empresa norteamericana vende unha aplicación para desbloquear os iPhone
luns, 12 de marzo do 2018
As novas que apuntaban a que a
compañÃa israelà Cellebrite podÃa desbloquear calquera iPhone para axencias de
seguridade de todo o mundo non só están a ser máis que confirmadas, senón
que agora están a xurdir competidores de grande peso, como unha startup norteamericana chamada Grayshift,
que segundo parece estarÃa formada por contratistas de axencias de intelixencia
estadounidenses e un antigo enxeñeiro de seguridade de Apple, e que estarÃa a
ofrecer a policÃas e grupos de informática forense unha utilidade chamada GrayKey que por
15.000 dólares permitirÃa desbloquear ata 300 teléfonos, existindo tamén unha
modalidade de licenza que por 30.000 dólares facilitarÃa usos ilimitados. En
ambos casos a licenza terÃa unha limitación de 1 ano.
Aseguran que GrayKey poderÃa servir para desbloquear smartphones que
funcionasen con iOS 10 e iOS 11 (incorporarÃan soporte para iOS 9 en breve)
para todo o hardware de Apple (incluÃndo o iPhone 8 e o iPhone X), e fontes
consultadas por Forbes admiten que Grayshift realizoulles unha demostración desbloqueando
un iPhone X.
Polo momento descoñécense as vulnerabilidades de iOS que estas empresas están a
empregar para saltarse a protección dos teléfonos de Apple, e se estas
corrixiranse en futuras actualizacións, aÃnda que o feito de que sexa posible
mercar o software de Grayshift facilitará que profesionais de Apple poidan analizar
os métodos empregados para evitar que poidan continuar a empregarse.
O máis curioso desta guerra de empresas de informática forense é que nos
últimos anos puidemos ver casos nos que falábase de que desbloquear un iPhone
chegou a custarlle ao FBI 1 millón de dólares, mentres que agora falamos de
solucións que poderÃan custar 50 dólares por terminal, facendo moito máis
accesible ás forzas de seguridade o acceso a dispositivos aos que teñen acceso
fÃsico, pero dos que ata o momento non podÃan consultar o seu contido, o que
pode resultar crucial en casos de terrorismo, pornografÃa infantil e outros
delitos de extrema gravidade.
