AGESTIC pon de manifesto a nosa puxante creatividade TIC cos seus premios

venres, 14 de outubro do 2011 Fernando Sarasketa

Mar Pereira durante a pasada entrega dos Premios INNOVA-GA Asociación Galega de Empresas TIC, AGESTIC, fixo entrega este venres en Santiago dos seus Premios INNOVA-G, os pertencentes á súa edición 2011, uns galardóns dos que falamos polo miúdo os días pasados, entre outras cousas para facer un pouquiño de autoloubanza, e que veñen de pór de manifesto unha serie de boas novas para o sector produtivo galego. Entre estas boas novas cómpre salientar a seguinte: as empresas do eido TIC deste o noso recanto do noroeste xeográfico non teñen nada que envexar, nin por creatividade nin por potencialidade de mercado, ao que se fai dende os supostos centros principais de innovación e economía.

Moitos foron os representantes do sector TIC galego que acudiron ao acto de entrega dos Premios INNOVA-G 2011

Os galardóns deste ano, que incluíron dúas Mencións de Honra, para nós e para os nosos compañeiros de EGANET, foron entregados nun acto celebrado na sede da rúa do Vilar de NovaCaixaGalicia que operou, en boa medida, como un resumo do máis representativo do noso sector TIC.
En boa medida, serviu para reunir nun mesmo lugar, o novo edificio da entidade financeira en Compostela, a unha boa parte dos principais responsábeis do noso tecido tecnolóxico-dixital, tanto procedentes dos ámbitos empresarial e investigador como do público. Como exemplos desta representatividade da que estamos a falar, dicir que no acto de entrega de galardóns participaron activamente, amais dos representantes das empresas e entidades finalistas e gañadoras, José María López Bourio, presidente de AGESTIC, Andrés Hermida, director xeral de Promoción do Emprego, e Mar Pereira, secretaría xeral de Modernización.
Por certo que os premios contaron coa axuda da Xunta da Galicia, da ESEI da Universidade de Vigo, do Grupo FEMXA e da devandita entidade financeira galega.
Os premios, entregados a partir das 12.30 horas, foron convocados co arela de recoñecer o traballo ben feito desenvolvido dende Galicia en materia tecnolóxico-dixital. Nesta edición, como puidemos saber, foron dar ás empresas e institucións que citamos de seguido, recoñecementos aos que cómpre engadir as devanditas Mencións de Honra dedicadas a Código Cero e EGANET, en boa medida polo seu labor e compromiso de divulgación tecnolóxico-dixital e pola súa loita continua contra a fenda dixital no país.

RELACIÓN DE GALARDOADOS:

Os internautas elixiron a Twin Shoes como a mellor start-up galega


· Mellor start-up galega
Gañador do xurado: Galebook contidos dixitais
Finalista do xurado: Menus.es
Finalista do xurado: PéZcalo, innovación contra a crise, "made in Galicia"
Gañador dos internautas: Twin Shoes
Finalista dos internautas: Festa Labs
Finalista dos internautas: Galebook contidos dixitais

O xurado elixiu a Frankie Gómez como o mellor emprendedor galego


· Mellor emprendedor/a galego/a TIC 2.0
Gañador do xurado: Frankie Gómez
Finalista do xurado: Twin Shoes
Finalista do xurado: Pablo Lopez
Gañador dos internautas: Twin Shoes
Finalista dos internautas: vinogallego.com
Finalista dos internautas: Eventos inteligentes 2.0


· Mellor campaña social media
Gañador do xurado: Memoria Anual 2010 Cruz Roja Española en Galicia
Finalista do xurado: Mátalos de Risa con Kill Paff
Finalista do xurado: Armadiña Rock 2010
Gañador dos internautas: Memoria Anual 2010 Cruz Roja Española en Galicia
Finalista dos internautas: Mil a Gritos Showroom
Finalista dos internautas: vinogallego.com


· Mellor desenvolvemento 2.0
Gañador do xurado: Menus.es
Finalista do xurado: Festa Labs
Finalista do xurado: Derechos Animales
Gañador dos internautas: Maria Fechoría
Finalista dos internautas: Derechos Animales
Finalista dos internautas: Festa Labs


· Mellor aplicación para dispositivos móbiles
Gañador do xurado: APP Páxinas Galegas
Finalista do xurado: Turismo de Santiago de Compostela para iPhone
Finalista do xurado: ORAMA
Gañador dos internautas: APP Páxinas Galegas
Finalista dos internautas: A Universidade de Santiago de Compostela no teu móbil - PROGRAMA A PONTE
Finalista dos internautas: ORAMA


· Mellor deseño para todos
Gañador do xurado: Un Mundo Accesible
Finalista do xurado: Terra Chá, donde nace Galicia
Finalista do xurado: Red social de comercio Compostela de Santiago
Gañador dos internautas: Terra Chá, donde nace Galicia
Finalista dos internautas: ArtGalicia
Finalista dos internautas: Un Mundo Accesible


· Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns
Gañador do xurado: Un Mundo Accesible
Finalista do xurado: Bildtec
Finalista do xurado: Dependencia en Familia
Gañador dos internautas: Bildtec
Finalista dos internautas: vinogallego.com
Finalista dos internautas: Fútbol Coruña: Tu Sala de Prensa Virtual

Tradicional fotografía de grupo cos gañadores da presente edición dos Premios INNOVA-G