Revista en papel

luns, 20 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

Número 272 de Código Cero en PDF

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención a varias iniciativas galegas que xiran ao redor da intelixencia artificial. Tamén abordamos os seguintes temas:
— A AESIA alíase co Instituto das Mulleres para combater a violencia dixital
— O CITIC da UDC imparte novas formacións sobre IA nos eidos da avogacía e o emprendemento
— A UVigo e atlanTTic impulsan unha rede única 5G e 6G de referencia internacional
— Vilagarcía e Ribeira apostan firme polo turismo intelixente
— Rede Aberta conectará Bordeos con Lisboa cunha rede troncal de fibra óptica de alta capacidade
— A Coruña, Ourense e Vigo nas primeiras cidades de España coa 5G avanzada de MasOrange
— Víctor Salgado: “As imaxes hiperrealistas creadas con IA abren unha brecha de privacidade”
— A UDC e a UVigo traballan un proxecto IA contra a desinformación
— A gala anual do CPEIG celebrarase o 12 de xuño en Santiago
— Fernando Suárez lémbranos as fondas raizames da informática na nosa sociedade
— AMTEGA iniciou a implantación dun laboratorio e centro demostrador anti-riscos dixitais
— A aplicación XuntaEu acumula preto de 160.000 descargas
— Entrevistamos a Ana Rute Mendes, desenvolvedora brasileira en Igalia
— As empresas comezaron o ano achegándonos unha completa ración de innovación galega
— Gradiant e o CiTIUS da USC impulsan a fotónica autosuficiente e de baixo consumo
— O Carballiño celebrou con 400 escolares o remate da nova edición de 21 días co galego e +
— Xunta inicia unha xira poñendo o foco nas tecnoloxías en positivo e contra o ciberacoso

Números anteriores de Código Cero en papel

Tódolos números da edición en papel en formato PDF para a súa descarga.