Toupa.net facilita a compra de cultura galega a través da web

mércores, 5 de maio do 2010 Marcus Fernández

Toupa.net estréase cunha interface sinxela e atractiva

Baixo o lema de cultura para levar botou a andar nas últimas horas a tenda en liña Toupa.net (da compañía luguesa Lonxa Cultural, S.L.), que ofrece un interesante catálogo de música, libros, comics e DVD en galego ou de autores galegos, que en moitos casos son difíciles de atopar nas canles convencionais, e que vense aquí recompiladas, prestando unha especial atención ao material infantil.
Esta nova páxina web foi desenvolvida pola empresa compostelá Inxenio Internet Consulting, e está apoiada por presenza en Twitter e en Facebook, así coma por un blog, de xeito que este proxecto nace arroupado por un tecido social que poderá contribuír ao fomento da cultura galega e á súa comercialización, e boa media grazas á mera visibilización a través de distintas plataformas.