Sony abre o desenvolvemento para PS2 e PSP a universidades
luns, 9 de xuño do 2008
Sony anunciou o
seu programa
PlayStation-edu para universidades, que consiste en permitir o
acceso aos kits de desenvolvemento de software para as consolas PS2 e PSP, ou
sexa, ás mesmas ferramentas que empregan os profesionais para facer xogos para
estas consolas, de xeito que os estudantes se poderán formar nas plataformas de
xogo de Sony, podendo contribuÃr coas súas innovacións, aÃnda que o máis
importante desta iniciativa serÃa que a posibilidade de acceder a exemplos,
probas e documentación que permite unha completa formación que sirva como
adestramento para traballar no sector dos videoxogos mais adiante.
