Recoñecemento ao supermercado en liña Ulabox
venres, 28 de outubro do 2011
Este venres puidemos constatar que ter un
supermercado en liña non só é posible, senón que ademais pode medrar, ser fonte
de negocio e mesmo recibir recoñecementos. É o caso de Ulabox, a tenda en liña de produtos de todo
tipo para o noso fogar, que vén de obter o premio e-comm Awards na categorÃa de
mellor servizo loxÃstico. O galardón
foi entregado ao abeiro da feira do mesmo nome que se desenvolve en Madrid, e
non só vai dirixido a salientar o exemplo achegado por Ulabox para outros
establecementos en liña que estean por chegar, senón tamén o de Celeritas e FBC,
os seus provedores de entrega a domicilio.
Lembrar que Ulabox está aberto ao público
dende xuño e trátase dunha proposta innovadora que permite facer compras, coma
se estiveramos nun super, a través do
computador ou dos móbiles.
O xurado, por certo, valorou de Ulabox a súa
actividade en ámbitos como o coidado no servizo de empaquetado, a rapidez da
entrega ou a flexibilidade horaria. Entre os artigos que se venden a través
desta plataforma atopamos produtos de hixiene, maquillaxe e de parafarmacia,
ademais de equipamentos para mascotas e bebés. O obxectivo é permitir que os
cidadáns aforren tempo na compra destes artigos.
