R aumentou a capacidade da súa rede en oito concellos da comarca do Salnés
venres, 23 de abril do 2021

- Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
O
operador galego R aumentou a capacidade da súa rede en oito
concellos da comarca do Salnés, concretamente en Cambados, Meaño,
Meis, Ribadumia, O Grove, Sanxenxo, Vilanova e Vilagarcía de Arousa.
Nestes
meses, R estivo a traballar na ampliación e mellora da súa
infraestrutura, instalando novos equipos nos nodos de conexión que
lles dan servizo a estas áreas, sobre todo en Sanxenxo e Vilagarcía
de Arousa. De feito, isto permitiu dotar a súa
rede de maior capacidade e fortaleza para responder “dun xeito máis
áxil e estable”
ao aumento de tráfico en Internet e á demanda doutros servizos de
telecomunicacións que se vén producindo dende o inicio da pandemia.
Cabe
mencionar que a crise sanitaria alterou os hábitos de uso e as
tendencias xerais da poboación á hora de consumir servizos de
telecomunicacións, xa que o tráfico na rede incrementou entre un 40
e un 50 % dende o inicio da pandemia, con picos que chegaron a
superar o 80% en situacións de máximas restricións á mobilidade.
Por todo o acontecido, o operador galego inverte case 4,6 millóns de
euros para ampliar e reforzar as capacidades da súa rede de fibra en
Galicia.
