Prolifera a desinformación e a propaganda en X/Twitter
mércores, 27 de setembro do 2023
No mes
de maio Twitter sorprendeu abandonando
o Código de boas prácticas en materia de desinformación da Unión Europea, levando
a que o comisario europeo Thierry Breton tivese que lembrar á compañÃa que este
código é voluntario, pero que non adherirse ao mesmo non impide que a compañÃa
teña que cumprir coa Lei de Servizos Dixitais, o que volven
lembrar dende a Comisión Europea agora que un estudo destaque o crecemento
da desinformación en X/Twitter dende que a compañÃa é propiedade de Elon Musk.
TrustLab publicou estes dÃas un estudo para facer balance
do Código de boas prácticas en materia de desinformación, analizando o que
acontece ao amparo de Google, Meta, Microsoft e TikTok, e contando tamén con
algúns datos de Twitter, xa que no momento de iniciar o estudo a compañÃa de
Musk aÃnda non abandonara o Código, deixando claro que esta plataforma é con
moita diferenza a que máis desinformación difunde, e na que o contido
pernicioso consegue chegar a máis xente. En contraste, a plataforma na que a
desinformación terÃa un menor alcance serÃa YouTube.
Un detalle que resulta moi rechamante no informe de TrustLab é que en X/Twitter
o contido enganoso consegue maior interacción que o contido verÃdico, xusto ao
contrario do que acontece en TikTok, o que deixa quedar en moi mal lugar á
plataforma social de Elon Musk.

- NewsGuard destaca como o impacto de medios como Russia Today (pese a estar bloqueado en Europa) medrou dende que X/Twitter non os etiqueta como propaganda
Tamén vén de publicarse un
informe sobre a desinformación elaborado por NewsGuard no que deixan en moi
mal lugar a X/Twitter, no que aseguran que os cambios aplicados por Elon Musk
provocaron que a desinformación promovida por Rusia, China e Irán publicada en
inglés medrou o seu impacto nun 70% nos 90 dÃas posteriores a que a plataforma
deixase de etiquetalos como propaganda.
Dende NewsGuard tentaron contactar con X/Twitter sobre o asunto, e non
conseguiron resposta, e argumentan que o propio Elon Musk ten intereses
económicos en China que poden levarlle a exercer este tipo de actitude
(camuflando as súas intencións con declaracións nas que acusa a todos os medios
de comunicación de desinformar dalgún xeito).
Pero X non só deixou de etiquetar a propaganda, senón que segundo NewsGuard
tamén estarÃa a promover ese tipo de contidos, cando anteriormente tiña medidas
para evitar que a propaganda gañase visibilidade na plataforma.
Esta situación estarÃa actualmente baixo a lupa dos reguladores europeos, que
aseguran estar en contacto con X/Twitter, polo que é de esperar que nalgún
momento teñan que exercer medidas punitivas para que X/Twitter cumpra coa
lexislación europea e cese na súa irresponsable polÃtica actual.
