Primux, recoñecida por Down España polo seu labor inclusivo
mércores, 20 de xuño do 2018
A
firma galega Primux, amais de ser unha fabricante tecnolóxica
referencial, é unha empresa comprometida socialmente. Proba diso son
novidades como a
aplicación de seu para permitir o uso de smartphones entre
persoas con problemas de visión ou, máis recentemente, o
recoñecemento
recibido por Down España que certifica a Primux como empresa
comprometida coa inserción laboral de persoas con síndrome de Down.
O
certificado Estamos preparados foille concedido durante un
acto celebrado na Confederación de Empresarios de Ourense, no que se
salientou o apoio da empresa (cuxo centro de I+D atópase na
Tecnópole) á inserción laboral do colectivo.
O
programa no que se inclúe a participación de Primux, Yo me
prep@ro, promovido localmente por Down Ourense e a Fundación
Vodafone España, trata de concienciar sobre a inclusión laboral das
persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual. O
obxectivo do programa, que celebra a súa cuarta edición, é
proporcionar aos ditos colectivos as ferramentas e estratexias
necesarias en aspectos clave como o uso axeitado das TIC: programas
informáticos, navegación por Internet, acceso a redes bancarias
informatizadas ou aplicacións móbiles. Todo co obxectivo de
“axudarlles a salvar a fenda dixital que lles pode condicionar á
hora de atopar un posto de traballo normalizado, mellorar a súa
autonomía e levar unha vida o máis plena e independente posible”.
