O CDTIC acollerá a presentación de Mailbor, o servizo galego smart de correo electrónico
luns, 20 de febreiro do 2017
Será
mañá,
21 de febreiro, cando o Centro
Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica
de Galicia (AMTEGA)
leve a cabo unha
sesión demostradora titulada Descubre
o correo electrónico intelixente Mailbor, celebrada
nas súas instalacións de Santiago en
horario de 16.15 a 19.15 horas. E sobre que
tratará este encontro? Pois amosarase unha
solución cen por cen galega para
xestionar mellor a documentación dixital
das súas empresas. Trátase
da solución Mailbor e achega unha manchea de posibilidades, tal
e como temos reflectido en Código Cero.
Na
sesión amosarase como
realizar a xestión do correo electrónico de xeito eficaz a
través da devandita ferramenta, como
enviar mensaxes de gran tamaño ou con confirmación de identidade,
como compartir contas de correo ou arquivos, como aloxar arquivos e
outros temas. Farase especial fincapé
nunha das funcións estrela de Mailbor: a posibilidade de inventar no
mesmo intre e sen ningún tipo de configuración previa, todos os
enderezos de correo electrónico que desexemos.
A
quen vai encamiñada esta sesión? De xeito principal a empresas que
queiran mellorar a xestión dos seus correos electrónicos e a súa
información dixital.
Cómpre
subliñar que a dita sesión será impartida por Ricardo Villa,
director executivo (CEO)
de Mailbor. Segundo avanza Villa, amais das devanditas
funcionalidades, Mailbor atesoura outras moitas posibilidades de
xestión moi destacadas, como a posibilidade de organizar e ordenas
os correos mesmo antes de recibilos, ou crear secuencias de traballo
en liña a través do correo na que cada persoa ten un papel
determinado ao abeiro da cadea.
Para
participar nesta actividade cómpre inscribirse na web
do CDTIC. A asistencia é de balde e aÃnda fican
prazas libres para asistir.
