O Banco de Reciclaxe Electrónica do Milladoiro organiza un obradoiro de posta a punto de computadores
xoves, 4 de xuño do 2026
O Banco Municipal de Reciclaxe Electrónica do Milladoiro (Ames) imparte o sábado, 6 de xuño, un obradoiro de posta a punto, reciclaxe e instalación de computadores. Nesta actividade explicarase o funcionamento dun equipo informático e axudarase aos usuarios/as a instalar un sistema operativo libre.
Trátase dunha actividade da Oficina de Voluntariado Informático de Software Libre, unha iniciativa impulsada por AGASOL coa colaboración da ConcellarÃa de Benestar Social do Concello de Ames.
Este obradoiro será impartido polos voluntarios do Banco de Reciclaxe de Electrónica de Milladoiro, dentro das súas actividades de divulgación de software libre e novas tecnoloxÃas.
A actividade impartirase no local que está situado no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8, de 11:30 a 13:00 horas. A inscrición pódese realizar en liña.
O obradoiro deste sábado baséase na colaboración, a aprendizaxe e a sustentabilidade.
A Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL).
O principal obxectivo é reducir residuos, fomentar a economÃa circular e promover a reparación como alternativa ao consumo desmedido. As persoas que participen deben levar os seus computadores e aprenderán a reparalos coas ferramentas e coñecementos dos voluntarios. Ademais de reparacións, organÃzanse talleres sobre reciclaxe, reutilización ou mantemento básico de obxectos.
O Banco Municipal de Reciclaxe é un proxecto que aposta pola reutilización de obxectos en bo estado, ofrecéndolles unha segunda vida e reducindo o volume de residuos. Deste xeito, promóvese un consumo consciente, solidario e respectuoso co medio natural, fomentando a economÃa circular e o coidado do medio ambiente.
