Nova incorporación ao panorama formativo-dixital galego

xoves, 6 de setembro do 2012 Fernando Sarasketa

Proxecta, iniciativa que vén da man da Fundación Amancio Ortega, ten prevista a súa presentación o vindeiro 10 de setembro (polo de agora trátase dunha páxina web con acceso restrinxido). O obxectivo é que sexa unha comunidade docente ou rede social onde poidamos atopar, de xeito doado, recursos innovadores e estratexias de traballo en mancomún para o desenvolvemento de ferramentas novas. A idea, a maiores, e pór a disposición das mestras e mestres "artigos sobre metodoloxía, para coñecer mellor os tempos de aprendizaxe e os procesos cerebrais dos alumnos, enlaces a experiencias didácticas innovadoras doutros docentes, así como video-tutoriais sobre ferramentas e aplicacións de uso educativo".