Lanzan unha versión do navegador Mozilla para o Nokia N800
luns, 23 de xullo do 2007
O Nokia N800 é
un dos dispositivos de man máis completos dos últimos tempos, permitindo a
navegación pola Rede mediante Wi-Fi e
unha versión do navegador Opera, contando tamén con soporte de Flash 9
(mentres que outros dispositivos móbiles son incompatibles coa tecnoloxÃa
Flash), aÃnda que as opcións de navegación se poden mellorar grazas ó novo
desenvolvemento de Maemo (compañÃa que tamén conta cun cliente de Wordpress para o N800),
que achegou un navegador web baseado
en Mozilla (coma o Firefox) para o sistema operativo Internet Tablet OS
2007, de xeito que podemos contar cun soporte completo de AJAX, vista
preliminar de RSS e mesmo algunhas extensións para incrementar as posibilidades
do programa.
Estamos ante un avance na
portabilidade do proxecto Mozilla que permite ós usuarios do Nokia N800
navegar pola Rede mediante unha aplicación con soporte de HTML 4.01, JavaScript
1.7, AJAX, CSS de niveis 1, 2 e parte do 3, DOM de nivel 1, 2 e parte do 3, XML
1.0, XSLT 1.0, XPath 1.0 e gráficos SVG 1.1 que permite unha boa experiencia de
na web dende a palma da man.
