LG estreará tenda de aplicacións para móbiles no verán
martes, 16 de xuño do 2009
Grazas ao éxito
da App Store de Apple para o iPhone, outros fabricantes de terminais de
telefonÃa móbil decidiron apostar pola venda de aplicacións como un novo modelo
de negocio que xa está operativo para terminais BlackBerry e co sistema
operativo Android. Continuando na mesma liña agora sorprende o lanzamento do
novo LG
GM730, que é un terminal con Windows Mobile 6.1 coa nova interface
de usuario S-Class, pantalla de 3 polgadas cunha resolución de 400 x 240
pÃxeles, cámara de 5 MpÃxeles, Wi-Fi, HSDPA, Bluetooth, un grosor de só 11,9 milÃmetros
e lanzarase o mes que vén en Asia incorporando a LG Application Store, que se
estreará no verán para ampliar as capacidades dos smartphones de LG.
