Google e IAB achegan cursos de balde sobre mercadotecnia dixital na USC
luns, 24 de febreiro do 2014
Google e IAB
Spain van desenvolver tres
cursos de balde de mercadotecnia e metodoloxÃas de promoción
dixital na Facultade de Económicas e Empresariais de Compostela.
Estes seminarios, dirixidos a titulados universitarios de calquera
carreira, ofrecen a oportunidade de formarse no eido da publicidade e
a comunicación dixital a través dun curso dunha semana de duración
e que se levará a cabo en horario de 9.00 a 18.30 horas. O contido,
informa a USC, abrangue áreas temáticas diferentes que van desde
fundamentos da tecnoloxÃa e mundo dixital, SEO, SEM, comercio
electrónico, mercadotecnia en redes sociais e dispositivos móbiles,
analÃtica web ou mesmo a elaboración de plans de negocio.
As persoas interesadas en
completar este curso terán asemade tres datas alternativas para
poder facelo. De feito, Google e IAB Spain teñen previsto celebrar
estas sesións formativas en distintas datas do mes de marzo, abril e
maio. A información relativa aos contidos desta actividade, asÃ
como os datos referidos aos trámites para formalizar a inscrición
están xa accesibles a todas as persoas no enderezo electrónico
formacionactivate.es.
Unha vez rematado o curso, os/as participantes que superen todos os
exames recibirán unha certificación da formación recibida expedida
pola Asociación da publicidade, a mercadotecnia a comunicación
dixital en España (IAB Spain).
