GandarÃo acolle o primeiro encontro A mocidade en rede
luns, 5 de marzo do 2007
A localidade de GandarÃo (A Coruña) acolle dende hoxe luns 5 o primeiro encontro A mocidade en rede, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude. Esta actividade ten como obxectivos fundamentais fomentar o asociacionismo entre os rapaces e facer fincapé na importancia de participar e implicarse en diferentes eidos da vida polÃtica, económica e social do paÃs. Os colectivos que acoden están xa a analizar a realidade da situación actual do mundo, entre relatorios e traballos en grupo.
Logo deste primeiro foro provincial, celebrado no albergue xuvenil de GandarÃo, irán desenvolvéndose outros encontros en diferentes puntos da nosa xeografÃa: o vindeiro 10 de marzo no complexo residencial xuvenil de Lugo, o 17 de marzo na residencia Florentino Pérez Cuevillas de Ourense e o 24 de marzo na residencia xuvenil Altamar de Vigo.
Esta iniciativa pecharase cun encontro autonómico que se desenvolverá os dÃas 27 e 28 de abril en Santiago de Compostela.
