Galicia Dixital comeza o seu periplo galego na comarca do Xallas
luns, 10 de setembro do 2007
A exposición Galicia Dixital que organiza a SecretarÃa Xeral de Comunicación Audiovisual en colaboración co Concello da Fonsagrada vai facer unha parada obrigatoria en Santa Comba, onde se instalará no Edificio Multiusos Terras do Xallas do vindeiro martes 11 ata o domingo 16 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Esta exposición, que aposta por unha maridaxe entre arte e tecnoloxÃa, ten como obxectivo achegar o audiovisual e os multimedia á cidadanÃa e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e institucións galegas.
ata o de agora, máis de 400.000 persoas visitaron xa esta exposición permanente que a SecretarÃa Xeral de Comunicación ten aberta ó público no Mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela e que, ademais da comarca do Xallas, se achegará a outros destinos galegos ó longo de 2007.
Nesta ocasión, asistirán ó acto de inauguración, o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Xosé Fernández Iglesias, e o alcalde do Concello de Santa Comba, Xosé Antón Ucha Velo.
Na imaxe: unha das fotografÃas da exposición
