Campaña dos internautas para promover o galego nas webs das asociacións de pequenos comercios
luns, 7 de maio do 2007
Unha boa parte das asociacións de pequenas e medianas empresas galegas considera que o emprego da lingua dos seus clientes e provedores é dese tipo de cousas das que se pode prescindir, a xulgar polas súas faces na Web (aquelas que, a fin de contas, máis van camiño de identificalas). Polo tanto, pódese dicir que a súa concorrencia na Internet parte dun erro de base: o de identificar a Rede única e exclusivamente co castelán, negando deste xeito as amplas posibilidades de comunicación desta plataforma.
Colectivos como a Asociación Centro Vigo, Zona Obelisco de Corunha, Acigu da Guarda, CCA de Baiona, Empresarios de Sarria, Comerciantes de El Calvario ou a Asociciación de Empresarios Chantada son exemplos destas entidades que, malia representar a establecementos galegos que teñen clientes galegos, apostan unicamente pola lingua castelá (pudendo apostar polas dúas, ou, xa postos, por todas as posibles). Esta renuncia á lingua como valor engadido vén de ser posta de manifesto pola CiberIrmandade de Fala, que está a convidar ós/ás internautas galegos/as a formar parte dunha campaña en liña para convidar ás entidades a apostar polo galego.
A xuÃzo da CiberIrmandade, incluÃr a versión da nosa fala nas súas comunicacións na Web serÃa para estas asociacións (ligadas a barrios ou zonas dentro das cidades e vilas do paÃs) un xeito inmellorable de acadar máis competitividade fronte ás grandes superficies, precisamente por situarse (desta maneira) máis preto do cliente ou usuario, que é a fin de contas (a proximidade) a gran baza do pequeno e mediano comercio.
