Arquívase definitivamente a causa contra Rojadirecta.com

venres, 7 de maio do 2010 Marcus Fernández

O proceso xudicial iniciado hai preto de 3 anos por Audiovisual Sport contra a web galega Rojadirecta.com chega á súa fin, confirmándose o arquivo da causa determinado polo Xulgado de Instrución nº 37 de Madrid o pasado verán, por considerarse que a actividade de Rojadirecta non constitúe delito.
O denunciante consideraba que Rojadirecta estaba a atentar contra do dereitos audiovisuais da Liga Española de Fútbol Profesional, ao informar das posibilidades de visualización dos seus contidos a través da Internet, sen utilizar as canles tradicionais (de pagamento), pero a páxina web denunciada non emite nin aloxa ningún contido audiovisual, senón que limítase a ser un índice de retransmisións deportivas a través da Internet, polo que carecería de responsabilidade algunha ao ser un mero intermediario.
Teriamos así que o caso de Rojadirecta.com seguiría o mesmo rumbo doutras causas coma a de Indicedonkey e Sharemula, que tamén remataron en arquivo das causas, aínda que non estamos en situación idénticas (non é o mesmo falar de descargas que de retransmisións en directo).