A web ByGalicia estrea sección de entrevistas
mércores, 18 de marzo do 2009
O servizo ByGalicia da ConsellerÃa de Innovación, especializado en apoiar a internacionalización das nosas empresas, vén de estrear novos recursos co fin de favorecer na medida do posible ese proceso de busca de mercados, o papel da web como punto de encontro para os negocios e, tamén, un novo incremento no seu Ãndice de visitas (xa de por si relativamente alto: vén de superar as 200.000 dende que foi posto en marcha). Entre as novas achegas inclúese unha sección dedicada por completo ás entrevistas de actualidade cos personaxes máis salientables do tecido empresarial galego. Antonio Abril, secretario xeral e do consello de administración de INDITEX, Xosé DomÃnguez, presidente de ACLUNAGA, e Xosé Francisco González Viñas, presidente dos estaleiros HIJOS DE J. BARRERAS, xa apareceron frente as cámaras da plataforma ByGalicia.
A última incorporación a esta nova sección, engade a ConsellerÃa, é a de Antón Reixa. O polifacético artista galego concedeu unha entrevista en exclusiva a ByGalicia onde pon de manifesto o actualidade comercial que rodea o mundo audiovisual galego.
Por outra banda, engade Innovación, o portal mantén os seus numerosos contidos gratuÃtos nos servizos de acceso a foros especializados, divulgación de currÃculos profesionais e creación de páxinas web dentro da mesma plataforma (espazos web empresariais para a promoción das organizacións ou produtos especÃficos).
