A última película galega de animación en 3D estrearase no vindeiro outono
venres, 9 de abril do 2010
O día que Mumu, unha inxenua vaca de trapo, descobre un
branquísimo rabaño de ovellas pastando no parque onde ela xoga cos seus amigos,
non pode evitar comparar o seu níveo aspecto co deles, que foron confeccionados
con todo tipo de tecidos pasados xa de moda.
Trátase de A tropa de
trapo, os protagonistas da última película de animación en 3D feita no noso
país, dirixida por Álex Colls e coproducida por Anero Films, Continental
animación e Abano produccións, que aposta pola inclusión de voces de nenos e
nenas de verdade para darlle vida a Mumu e aos seus peculiares amigos.
A tropa de trapo, tal e como nola definen dende o seu berce,
“é un grupo de irresistibles mascotas que
intentará seducir, coa sinxeleza dun pequeno conto, aos nenos e nenas que están
espertando ao mundo, e atrapalos nunha divertida aventura que, ademáis de entretelos,
axude a consolidar neles valores como a importancia de aceptarnos e querernos
tal e como somos”.
O films é unha
longametraxe de animación 3D stereoscópico en cor-35 mm, de 85 minutos de duración,
que contou coa participación da Televisión de Galicia para a súa creación.
O equipo técnico
está formado pola guionista Lola Beccaria, a produtora executiva Chelo Loureiro
e os produtores Pancho Casal, Alex Colls e a mesma Chelo Loureiro.
Da B.S.O
encargouse Zeltia Montes e da distribución é responsable Altafilms
A película,
que conta co apoio de ICAA, a Xunta de Galicia e o ICO, estrearase no vindeiro outono.
