A Xunta e as mulleres tecnológas da nosa terra traballarán a prol da igualdade
venres, 22 de xaneiro do 2021
A
secretaria
xeral de Igualdade, Susana López Abella, reuniuse onte en Santiago
de Compostela coa xunta
directiva
da Asociación de Mulleres Investigadoras
e Tecnólogas en Galicia, que encabeza Ana Jesús López,
co fin de establecer novas liñas de traballo no eido da ciencia e da
tecnoloxía para as mulleres. Desta
vontade de colaboración xorde precisamente o
III Programa Galego de Muller e Ciencia, co que se prevé avanzar na
incorporación efectiva dos criterios de igualdade de oportunidades
entre mulleres e homes no sistema galego de ciencia, tecnoloxía e
innovación.
Susana
López afirmou que o proxecto “é un verdadeiro cambio de paradigma
no mundo científico que permite acadar resultados tanxibles
e duradeiros aproveitando tanto o talento das mulleres como dos
homes”.
Nos
programas Muller e Ciencia realizados en anos anteriores logrouse
promover a presenza equilibrada de homes e mulleres no sistema de
ciencia, tecnoloxía e innovación. Tamén a inserción da
perspectiva de xénero en procesos e procedementos de traballo. Así,
cada ano entrégase o premio María Josefa Wonenburger Planells, que
ten a finalidade de recoñecer ás mulleres científicas de Galicia e
facer chegar á sociedade as súas contribucións.
