Videovixilancia no móbil

luns, 21 de abril do 2008 Marcus Fernández

CCTV lanzou un novo sistema de videovixilancia baseado no seu sistema de cámaras ConnectVu, que permite monitorizar as imaxes captadas dende teléfonos con conectividade GPRS ou 3G grazas a unha aplicación Java que permite controlar ata 16 cámaras diferentes, podendo movelas en tempo real.
O sistema conéctase a un ordenador mediante tarxetas capturadoras de imaxe que soportan ata 4 cámaras cada unha (permitindo ata 4 a vez) e se pode combinar con tecnoloxía de detección de movemento de xeito que no caso de actividade sospeitosa se envío ao usuario unha mensaxes SMS para que este poida consultar a imaxe captada polas cámaras dende case calquera lugar.