Varios xogos para PS3 estrean o Uso a Distancia

mércores, 5 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Sony anunciou que a función de Uso a Distancia que permite empregar unha consola portátil PS Vita para interactuar de xeito remoto coa PlayStation 3 a través de Wi-Fi vén de estrear para os xogos ICO, Shadow of the Colossus e a God of War Collection(que inclúe a dúas primeiras entregas de God of War adaptadas á alta definición). Para poder gozar desta posibilidade será necesario descargar un parche dispoñible de balde para a PS3.
Aparte de gozar dos xogos indicados, as cancións, vídeos e fotografías, así como aplicacións como VidZone, na PlayStation 3 tamén estarán dispoñibles a través da PS Vita ou incluso da PSP.
O Uso a Distancia é unha das funcionalidades coas que a PS Vita e a PS3 buscan achegarse valor reciprocamente, como o Cross-Play (poder xogar un usuario de PS3 contra outro de PS Vita en xogos compatibles), o Cross-Controller (utilizar a PS Vita como un mando da PS3 como un revolucionario sistema de control), o Cross-Save (poder continuar un xogo en calquera das dúas plataformas dende o último punto de gardado), os Cross-Goods (poder compartir os artigos creados ou desbloqueados entre calquera das 2 plataformas) e o Cross-Buy (de mercar un destes títulos na PS3 terase de balde a versión para PS Vita).


A PS Vita e a PS3 están a desenvolver distintas interaccións que engaden valor a ambas plataformas de xogo