Tyson poderá enfrontarse a Ali en Fight Night Round 4
luns, 9 de marzo do 2009
No mes
de xullo chegará ás tendas para Xbox 360 e PlayStation 3 o xogo Fight Night Round 4, que continúa a
franquÃa de Electronic Arts, pero que nesta ocasión emprega un reclamo
magnÃfico para atraer aos afeccionados ao boxeo, pois permite combinar a
púxiles de distintas épocas, o que ilustran co enfrontamento entre o clásico Muhammad
Ali (Cassius Clay) contra Mike Tyson, combate
que ocupará a carátula do xogo, e que será moi interesante de ver,
pois os estilos destas estrelas das 12 cordas son radicalmente distintos, á vez
que incomparables por estar moi separados no tempo.
Dende EA deixaron que os afeccionados discutisen
nunha páxina web se na portada do xogo deberÃa aparecer Tyson ou Ali,
e ao final optaron por unha decisión salomónica, ao que o propio Tyson
respondeu asegurando que «estou orgulloso
de estar na portada de Fight Night Round 4 con Ali. El foi un campión especial,
e téñolle o maior dos respectos coma persoa e loitador». Tamén engadiu que «a xente sempre me pregunta se terÃa
derrotado a Ali se puidera enfrontarme a el cando ambos estabamos no mellor
momento. Agora podedes adiviñalo por vós mesmos».
Trailer do xogo centrado no enfrontamento entre Mohammad Ali e Mike Tyson
