Telecinco comeza a cobrar polas súas series en liña
luns, 9 de novembro do 2009
Telecinco está a
dar un curioso paso na Internet, pois ante o predominio dos contidos de balde,
decidiron combinar tal fórmula coa do pagamento, comezando pola popular
serie Sin tetas no hay paraÃso,
de xeito que ofrecen a preestrea de episodios por 1,74 euros (IVE incluÃdo) ou
a visualización dos últimos capÃtulos emitidos por 1,04 euros, o que permite a
súa reprodución en alta calidade (aptos para verse a pantalla completa,
multiplicando por 5 a calidade con respecto ao resto de vÃdeos de telecinco.es)
e sen anuncios, aÃnda que esta última opción só afecta aos episodios do luns e
o martes, que pasan a ser de balde a partires do mércores. De feito, todos os
vÃdeos serán sempre de balde 2 dÃas despois da súa emisión por televisión, no
que supón un modelo de explotación a través da Internet bastante complexo e
confuso.
Os pagamentos dos episodios farase a través de mensaxes SMS Premium, e os bonos
adquiridos só serán válidos durante 48 horas e dende o ordenador no que se
solicitaron. É de agardar que de
cara ao último episodio da serie a opción da preestrea poida levar a moita
xente a querer coñecer o final antes que os espectadores tradicionais, tras o
que poderemos saber se este experimento de Telecinco deu bo resultado ou queda
no esquecemento.
