Satdata Telecom achega a súa tecnoloxÃa para prever a contaminación do mar
xoves, 4 de marzo do 2010
O pasado martes, 2 de marzo, daba comezo en VilagarcÃa de Arousa a
Feira Internacional de Acuicultura de Galicia, ACUI, un evento no que se dan
cita anualmente as empresas máis importantes do mundo en materia de industria
acuÃcola, un campo no que Galicia é punteira a nivel internacional.
Nesta Feira, que remata hoxe mesmo, a empresa galega Satdata
Telecom atopou a oportunidade única de presentar o seu Proxecto ZIGSEA, un
sistema de radioboias que avalÃa a calidade da auga do mar, trasmite os valores
a través de tecnoloxÃa de radiocomunicacións en tempo real a un centro de
recollida de datos e constitúe un procedemento de prevención precoz en alertas
sanitarias, tales como unha marea vermella ou unha contaminación por residuos,
entre outras.
Satdata Telecom achegoulle a este proxecto (desenvolvido en colaboración co ITG, Instituto
Tecnolóxico de Galicia, a empresa Marine Instruments
e o Grupo de TecnoloxÃa Electrónica e Comunicacións da Universidade da Coruña), a tecnoloxÃa necesaria para a recollida e
transmisión de datos en tempo real, que significou a gran vantaxe do sistema.
Esta recollida, segundo informan os seus desenvolvedores, é posible grazas a
múltiples sensores instalados na boia, que detectan parámetros tales como
temperatura da auga, a salinidade, o PH, as toxinas… asà como a unha rede inarámica
que transmite os valores recollidos en tempo real, enviándoos primeiro ao banco
de boias, onde se aglutinan os datos de todas as boias operativas, e
posteriormente ao centro de control.
Ata o momento a recollida de datos facÃaa persoal técnico in situ, o que significaba a imposibilidade de dispoñer de
resultados nun tempo axeitado, de modo que se podÃan estar a efectuar capturas
por parte dos mariscadores, pescadores ou acuicultores
en condicións de alerta sanitaria. A tecnoloxÃa logrou que a alerta sanitaria
poida detectarse no momento exacto de producirse, de modo que as capturas
poidan paralizarse inmediatamente.
Os enxeñeiros de Satdata Telecom, deseñaron,
ademais, un cadro de mando especÃfico cun interface que permite ao analista
interpretalo visualmente.
