Rebaixan temporalmente o xogo Halo no Bazar de Xbox LIVE
martes, 23 de decembro do 2008
O Bazar de Xbox LIVE comezou
hoxe unha promoción que durará só ata o vindeiro luns durante a que o clásico
xogo para Xbox
Halo: Combat Evolved
reduce o seu prezo á metade, de xeito que se
pode mercar por 600 Microsoft Points (uns 7,2 euros) o que permitirá
revivir a este clásico que destacou no seu dÃa polo seu modo multixogador e os
deseños dos seus personaxes (que se mantén case inalterable na actualidade),
creando os alicerces dun tipo de xogo que levou ao éxito á Xbox 360 anos
despois.
Halo é todo un fenómeno
(especialmente nos EE.UU.) e actualmente Halo
3 continúa a ser o xogo con máis participantes en liña na plataforma Xbox
LIVE (pese a que Gears of War 2 e Call of Duty intenten facerlle sombra) e
a primeira entrega, pese ao tempo, conserva moito do seu encanto, aÃnda que
para adquirilo coma descarga teña coma principal atranco os 5 Gbytes de disco
duro que ocupa.

