Preto do 17 por cento da poboación de Vilasantar está rexistrada no seu Centro de Dinamización
mércores, 9 de decembro do 2009
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou no
pasado mes de novembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da
sociedade galega nas Novas TecnoloxÃas en Vilasantar, onde no mes que remata se
impartiron un total de 3 obradoiros tecnolóxicos, para formar a 14 persoas ao
longo de 30 horas.
Os
obradoiros impartidos este mes foron
Correo electrónico, Procesador de textos: Writer e Manexo da cámara dixital. Cabe tamén destacar outras actividades
levadas a cabo como a charla Trámites co
Sergas na Internet, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa
que oferta a Rede nesta e outras localidades.
Asemade,
3 novas persoas inscribÃronse como usuarias da Rede para poder aproveitar (coma
sempre de balde) as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas
horas de aula aberta, unha aula que foi utilizada nun total de 188 ocasións.
En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar
neste concello de Vilasantar en febreiro de 2008, foron xa 239 os usuarios e
usuarias que fixeron o carné da RDSI, o que supón preto do 17 por cento da
poboación desta localidade. Neste tempo leváronse a cabo 54 obradoiros nos que
se formou a 299 participantes. AÃnda que os obradoiros son a principal
actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 10 charlas e 3
iniciativas, nas que participaron 53 persoas.
Por outra banda, o Centro de Dinamización de Moaña, a cargo do que
se atopa Ana MarÃa Pérez, rematou o mes de novembro superando as 60 horas de
formación tecnolóxica, nas que se impartiron un total de 5 obradoiros
tecnolóxicos que formaron a 31 persoas e que se estenderon ao longo de 64
horas.
Asemade, levouse a cabo unha charla, a cal, baixo o nome Menores na Internet, os asistentes
coñeceron de primeira man as pautas básicas de control sobre o acceso á Rede
dos más cativos para que estes poidan acceder ás súas páxinas favoritas da
maneira máis segura.
En canto aos números xerais da Rede, desde que
botara a andar neste concello de Moaña no ano 2007, foron xa 395 os usuarios e
usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 84
obradoiros, que se estenderon ao longo de 701 horas e nos que se formaron 469
participantes.
