Os novos Xiaomi 17T destacan polas súas cámaras e baterÃas
xoves, 28 de maio do 2026
Xiaomi amplÃa a súa gama alta accesible cos novos Xiaomi 17T e 17T Pro, que destacan por incorporar caracterÃsticas pouco habituais neste segmento, como cámaras teleobxectivo con zoom óptico 5x, baterÃas de grande capacidade e pantallas AMOLED de alta frecuencia de refresco.
O Xiaomi 17T Pro sitúase como o modelo máis avanzado da nova serie, cun panel AMOLED de 6,83 polgadas e resolución de 2.772 x 1.280 pÃxeles, frecuencia de refresco de ata 144 Hz e brillo máximo de 3.500 nits. No apartado fotográfico integra unha cámara principal de 50 megapÃxeles con óptica desenvolvida por Leica, apertura f/1.67 e estabilización óptica de imaxe (OIS). A isto súmase un teleobxectivo tamén de 50 megapÃxeles con zoom óptico 5x, apertura f/3.0 e OIS, capaz de acadar ata 120 aumentos mediante procesamento con IA. Complétase cun ultra grande angular de 12 megapÃxeles. O seu prezo de partida é de 899,99 euros (para a versión con 256 GB de almacenamento, custando 100 euros cada salto de capacidade a 512 GB e 1 TB).
O Xiaomi 17T mantén boa parte destas prestacións nun formato algo máis compacto. Conta cun panel AMOLED de 6,59 polgadas, resolución de 2.756 x 1.268 pÃxeles, taxa de refresco de ata 120 Hz e o mesmo brillo máximo de 3.500 nits. A configuración fotográfica repite practicamente a do modelo Pro, aÃnda que sen a óptica asinada por Leica na cámara principal. Conserva igualmente o teleobxectivo 5x con estabilización óptica, un elemento pouco frecuente mesmo entre smartphones de gama alta actuais. O seu prezo de partida é de 749,99 euros para o modelo con 256 GB de almacenamento (por 50 euros máis conta con 512 GB de capacidade).
Os dous smartphones apostan por procesadores MediaTek fabricados en procesos avanzados. O Xiaomi 17T Pro incorpora o Dimensity 9500 de 3 nanómetros, mentres que o Xiaomi 17T utiliza o Dimensity 8500-Ultra de 4 nanómetros. Ambos inclúen 12 GB de memoria RAM.
A autonomÃa convértese nun dos principais argumentos desta xeración. O Xiaomi 17T integra unha baterÃa de silicio-carbono de 6.500 mAh, mentres que o modelo Pro eleva a capacidade ata os 7.000 mAh, a maior empregada por Xiaomi nun smartphone internacional da marca ata o momento. Os dous modelos admiten carga rápida de ata 100 watts, mentres que o 17T Pro tamén incorpora carga sen fÃos.
