O número 100 de Código Cero na Televisión de Galicia
luns, 16 de xaneiro do 2012
O pasado sábado achegámonos ao programa A Revista Fin
de Semana da Televisión de Galicia para falar, entre outras cousas, do número 100 da nosa
publicación impresa, que coincide co 10º aniversario da mesma, e que
consideramos que no seu cento de páxinas recolle un pequeno reflexo do que é o
sector tecnolóxico galego, á vez que permite que moita xente que nos acompañou
nesta travesÃa poida plasmar o seu parecer sobre temas de interese, como unha
mostra de apoio neste momento no que estamos encantados de celebrar a nosa
traxectoria e queremos agradecer a todos os que contribuÃron a que estes 10
anos de actividade fosen posibles.
Durante o programa televisivo da pasada fin de semana tamén comentamos as nosas
colaboracións con varios programas da Radio Galega, o que tamén enriquecen
enormemente a nosa actividade, e facemos unha breve mención ao dominio .gal, que estamos a perseguir a través
da nosa participación na Asociación
PuntoGal e que agardarmos que sexa unha realidade a mediados de 2013.
Dende aquà queremos agradecer á TVG a oportunidade de poder falar en directo do
noso número 100 e tamén a todos os que continúan a confiar en nós tras estes 10
anos.
Intervención do subdirector de Código Cero no programa A Revista Fin de Semana (TVG)
