O iPhone chega ó Reino Unido con colas nas portas das tendas
venres, 9 de novembro do 2007
O lanzamento do iPhone no Reino Unido hoxe ás 6 da
tarde levou a varias persoas a facer cola diante da
tenda de Apple na rúa Regent de Londres dende o xoves a pesares do mal
tempo, de xeito que os británicos quererÃan trasladar ó seu paÃs as ansias e o
pulo do móbil de Apple, que se comercializará de xeito conxunto con contratos
da operadora O2, filial de Telefónica, que incluirán tarifas planas
a través de conexións GPRS/EDGE (alà onde os usuarios non teñan acceso por
Wi-Fi).
Resulta curioso que haxa early adopters
británicos que fagan fronte ás inclemencias climáticas para ser os primeiros en
facerse cun iPhone, principalmente porque o número de terminais vendidos en
EE.UU. que chegaron a Europa por canles pouco ortodoxas é moi elevado. De
feito, se estima que hai uns 250.000 iPhone liberados, e nas tendas españolas
incluso se poden ver os terminais á venda (aÃnda que a prezos bastante
elevados, que chegan a superar os 600 euros).
Os usuarios máis fieis a Apple apostarán polo iPhone coma teléfono aÃnda que
teña certas carencias moi criticadas (como a ausencia de conectividade 3G) pero
tamén podemos destacar que no Reino Unido os usuarios do móbil máis
revolucionario do ano poderán acceder de balde a milleiros de puntos de acceso
Wi-Fi da rede The Cloud, co que se superarÃan
as reticencias iniciais por adquirir un terminal tecnicamente inferior a outros
do mercado, pero cun atractivo indiscutible.
No tocante ós prezos, o iPhone se venderá a 279 libras (385,42
euros) e o contrato máis barato co que se pode adquirir é de 35 libras/mes (50,15
euros), polo que supón un forte investimento para os consumidores que non están
afeitos a gastar tantos cartos nun móbil, pero que abre a porta a un acceso a
Internet dende a palma da man, de xeito que comezarÃa a atender unha demanda do
mercado que poderÃa cambiar o xeito de ver a telefonÃa móbil.
Ata o momento Apple xa vendeu 1,4 millóns de móbiles iPhone nos EE.UU. e
agardan que as vendas europeas tamén sexan boas, aÃnda que a chegada a cada paÃs
se fará de xeito escalonado, comezando hoxe no Reino Unido e Alemaña e a finais
de mes en Francia.
