O BoletÃn Informativo da ConsellerÃa de Educación faise dixital
martes, 20 de setembro do 2011
A ConsellerÃa de Educación e Ordenación
Universitaria vén de comunicar que o
seu BoletÃn Informativo convértese en dixital e integrase no Portal
Educativo da ConsellerÃa. A actualización dos contidos e a incorporación ao
Portal melloran a accesibilidade e a facilidade de uso por parte dos usuarios.
Esta nova versión reparte a
información en varias seccións: Plans, Programas e Convocatorias, Actividades
Formativas, Formación, Lexislación e Enlaces de Interese. Ademais, conta tamén
cunha hemeroteca, un Histórico que ofrece as informacións publicadas durante os
últimos meses. Por outra banda, mantense a sección fixa de Publicacións da
ConsellerÃa nun apartado localizado ao final da Portada.
Este cambio forma parte do proxecto de
integración dos Sitios temáticos no Portal Educativo, que irá incorporando
paulatinamente os xa existentes e ofrecerá novos espazos de Innovación
Educativa, Lexislación e Atención á Diversidade e Orientación.
Deste xeito todos estes sitios web
formarán parte da mesma estrutura, mellorando considerablemente a
accesibilidade e facilitando a utilización eficaz dos recursos e da información
ofrecida á comunidade educativa galega.
