Imaxin presenta este xoves melloras no OpenTrad
mércores, 4 de xuño do 2008

- Imaxe de Xavier Alcalá publicada por A Nosa Terra
O Club Internacional de Prensa de Santiago acolle este xoves 5 (ás 11.30 horas) a presentación dun importante desenvolvemento sobre o sistema de tradución automática OpenTrad. A posta en longo desta mellora, que consiste en incorporar as linguas do noso paÃs e o veciño (galego-español-portugués), desenvolverase baixo o lema Acurtando distancias entre Portugal e Galicia. A cita será ás 11.30 horas e contará –entre outros representantes do tecido tecnolóxico galego- coa presenza de Xavier Alcalá (na imaxe, capturada de A Nosa Terra), enxeñeiro de telecomunicacións, escritor e director do proxecto do Dicionario Enciclopédico das TIC.
Asemade, concorrerán no acto dous representantes da firma Imaxin (Diego Vázquez e máis José Ramon Pichel), responsable en boa medida da posta en marcha do sistema, xunto con dúas empresas máis e catro universidades, entre as que se conta a de Vigo.
Sobre a ferramenta
Lembrar que OpenTrad é un sistema de tradución automática en código aberto para todas as linguas do Estado e de uso gratuÃto para todo o público. ata o dÃa de hoxe puidemos botar man da tradución bidireccional entre os pares español-galego e español-catalán e a tradución do par español-éuscaro. Opentrad está deseñado para ser adaptado e configurado segundo as necesidades dos usuarios, permitindo a súa integración con calquera outro sistema.
Na actualidade, Opentrad está a ser utilizado por millares de usuarios para traducir textos, documentos ou Webs mediante a tradución das páxinas ao navegar na Internet. Outros usuarios utilÃzano para ofrecer as súas páxinas persoais, empresariais, blogs, etc. en galego, español, catalán e éuscaro.
