Google Play Music integrará podcasts
mércores, 28 de outubro do 2015
A
relación entre Android e o podcasting é bastante complicada, e aÃnda que
inicialmente existÃan solucións de serie
para xestionar podcasts, por exemplo combinando Google Reader e Google Listen,
pouco a pouco Google foi deixando de lado un formato de contidos que en iOS
tiña aplicación de seu, pero parece querer rectificar e anuncian que Google
Play Music prepara a adopción dos podcasts.
De feito, non se van limitar a servir de reprodutor de podcasts, senón que a
intención actual de Google é seguir os pasos de Apple ata o punto de contar cun
catálogo de podcasts no seu servizo para facilitar o descubrimento deste tipo
de contidos dende o móbil ou a tableta, de xeito que os editores de podcasts
nos EE.UU. poden xa dar de alta as súas publicacións para facilitar o seu
acceso por parte dos usuarios de Android.
Este novo servizo non só permitirá realizar buscas no catálogo de podcasts, senón
que tamén terá certa intelixencia, de
xeito que poderá recomendar podcasts en función das actividades e os intereses
do usuario, dun xeito semellante ao que se fai coa música, o que permitirá que
os seareiros a este tipo de contidos poidan descubrir material que le resulte
atractivo.
AÃnda que o normal actualmente é limitarse a dar de alta os podcasts en
servizos como iTunes e iVoox, o feito de que todos os meses haxa máis de mil
millóns de persoas usando Google Play deberÃa de levar a que este novo catálogo
de podcasts medre meteoricamente atendendo ao propio interese dos podcasteiros para dar a coñecer as súas
creacións.
