Galicia ofrecerá un innovador servizo de videointerpretación en língua de signos
venres, 4 de febreiro do 2011
A sensación de impotencia que podemos
chegar a sentir cando viaxamos a outros países onde non entendemos o idioma, é o
que máis se asemella ao que senten as persoas xordas para facerse entender cada
vez que precisan comunicarse cos que descoñecemos a língua de signos.
As novas tecnoloxías xa están postas ao
servizo dos desenvolvedores de tradutores en tempo real para levar estas
aplicacións aos nosos móbiles e solventar o atranco do idioma, porén, que
sucede no caso das persoas xordas?, poderán botar man algún día das TIC para
facerse ententer no seu propio idioma?, a resposta e sí, e asemade, dentro de
moi pouco.
A Secretaría Xeral de Modernización e
Innovación Tecnolóxica vén de anunciar que implantará un sistema de
videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas en cinco puntos
presenciais da Administración autonómica e a través de Internet, para o cal
traballará cóbado con cóbado coa Federación de Asociación de Persoas Xordas de
Galicia (FAXPG).
Así se recolle no convenio de
colaboración asinado esta mañá entre a secretaria xeral de Modernización, Mar
Pereira, e o presidente da FAXPG, Feliciano Sola, que converte a Galicia na
segunda Comunidade que ofrece o servizo de videointerpretación en língua de
signos para persoas con algunha discapacidade auditiva.
A videointerpretación, que estará dispoñible nun prazo aproximado de tres
meses, terá 7 puntos de acceso, cinco deles presenciais -no Rexistro
Xeral da Xunta e nos rexistros das delegacións da Xunta en A Coruña, Lugo, Ourense,
Pontevedra e Vigo-, e un a través da
Rede que, entre outras cousas, permitirá que as persoas xordas poidan dispoñer
dun videointérprete ondequeira que se despracen, sempre que dispoñan de conexión
a Internet.

- A secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, e o presidente da FAXPG, Feliciano Sola
Neste caso o
usuario precisa dun ordenador con webcam
e un teléfono co que contactará co servizo de videointerpretación indicando a
persoa, entidade ou servizo co que desexa facer a súa consulta. Utilizando unha
liña paralela, o videointérprete actuará de ponte entre a lingua de signos e a
lingua oral, permitindo así a comunicación entre a persoa xorda e a persoa oínte.
Nos puntos de acceso presenciais a persoa xorda terá a súa disposición un
videoteléfono
instalado no propio rexistro para poñerse en contacto co servizo de
videointerpretación da FPXG. Desde este servizo facilitarase a interpretación
da lingua oral á lingua de signos entre o empregado do rexistro e a persoa
xorda.
A secretaria xeral de Modernización, Mar
Pereira indicou que “máis de 84.000
galegos con algunha discapacidade auditiva poderán beneficiarse desta
iniciativa que se poderá estender a outros servizos da Xunta unha vez que se
comprobe o seu óptimo funcionamento”.
Pola súa banda, o presidente da
Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Feliciano Sola, destacou
que “grazas ás novas tecnoloxías,tanto as
persoas oíntes como as persoas xordas na súa diversidade poderán usar SVIsual a
través da lingua de signos española ou calquera outra modalidade comunicativa
que soliciten en función das súas necesidades grazas os servizos de signo e voz
ou mensaxería instantánea, que contribúen a ofrecer un servizo personalizado.”
O presidente da FPXAG fixo fincapé en que
con este proxecto “garantiranse os
dereitos das persoas xordas coma cidadáns de pleno dereito de acceso a información
e a comunicación así como a lei de igualdade de oportunidades no discriminación
e accesibilidade universal”.
