Android estrea oficialmente en España as súas accións de voz
venres, 16 de setembro do 2011
O recoñecemento
de voz integrado no sistema operativo é un dos sinais de identidade de Android,
e agora dende Google anuncian que os usuarios españois podemos levar máis alá
esta posibilidade mediante unha serie de instrucións faladas que permiten
controlar por voz o teléfono e os tablets con Android 2.2 e superiores coa aplicación
Búsqueda por Voz instalada.
As accións de voz permiten conseguir
información de negocios, ditar e enviar mensaxes de texto, realizar buscas na
Internet ou chamar aos nosos contactos, e dende onte están dispoñibles para
usuarios de España, Alemaña, Reino Unido, Francia e Italia, para o que só é preciso
premer no botón do micrófono que aparece na caixa de busca de Google na
pantalla principal do dispositivos ou premer durante uns segundos o botón de
busca do teléfono para activar a pantalla de Hable ahora.
As instrucións de voz que recoñece actualmente Android son as seguintes:
Enviar mensaje a [contacto] [mensaxe]
Llamar a [nome de empresa]
Llamar a [contacto]
Ir a [páxina web]
Cómo llegar a [dirección/nome de comercio]
Direcciones para llegar a [lugar/nome de comercio]
Mapa de [lugar]
As accións de voz explicadas en vÃdeo
