ARTeria Noroeste retoma a súa proposta formativa tecnolóxica para este outono
xoves, 4 de setembro do 2008

- O edificio visto no caderno Respiraelviento de Flickr.
ARTeria
Noroeste, unha iniciativa de SGAE/Fundación Autor, retoma a súa proposta
formativa en Santiago de Compostela, tralo parón do estío, cun novo elenco de
ofertas formativas a través da iniciativa ARTENET, unha ferramenta que promove
a adaptación dos creadores ás novas tecnoloxías, ben sexan amateurs ou
profesionais.
Deste xeito, a SGAE quere satisfacer a demanda
de opcións formativas para a comunidade creadora en Galicia e faino a través de
iniciativas propias así como canalizando propostas de institucións como AGADIC
ou ESAD.
A entidade de xestión de dereitos está a
consolidar, deste xeito, unha liña de colaboración con outras organizacións
baseada no obxectivo común de “abrirlle camiños ao talento galego”.
Os interesados en participar nos distintos
obradoiros ofertados poden solicitar información ou reservar praza a través do
correo electrónico: formación.noroeste@arteriamultiespacios.com ou a través do
teléfono 981569183.
A listaxe de iniciativas formativos no recinto
compostelán para este outono son as que seguen:
Obradoiro de produción escénica. Organizado
polo CCG/AGADIC. Do 8 ao 12 de setembro (20 horas).
Produción, xestión e distribución de
espectáculos. Organizado por Fundación Autor e AGADIC. Do 22 de setembro ao 15
de decembro (96 horas).
Corpo creativo. Do laboratorio á escena.
Organizado pola ESAD. Do 17 de setembro ao 3 de decembro (30 horas).
Expresión oral. Organizado pola ESAD. Do 22
de setembro ao 15 de decembro (30 horas).
Interpretación: da análise á acción.
Organizado pola ESAD. Do 24 ao 28 de novembro (20 horas).
Cursos ARTENET. Tecnoloxía aplicada á
creación.
A rede de formación creada pola Sociedade
Xeral de Autores e Editores (SGAE) a modo de ferramenta para promover a
adaptación dos creadores ás novas tecnoloxías, ARTENET, tamén impartirá
diversos cursos na capital galega:
Pro Tools. Do 16 ao 25 de setembro
Avid . Do 29 de setembro ao 9 de outubro
Cubase. Do 13 ao 23 de outubro
Creación audiovisual. Do 27 de outubro ao 7
de novembro
Informática musical. Do 10 ao 15 de novembro
After effects. Do 24 de novembro ao 4 de
decembro
Todos eles contarán, segundo veñen de asegurar
os seus responsables, “con docentes de alto nivel e os medios técnicos máis
avanzados”.
