A Biblioteca Ánxel Casal estrea o seu servizo de empréstamo de libros electrónicos
mércores, 27 de abril do 2011
A Biblioteca Pública
compostelá Ánxel Casal, que recentemente
eloxiamos en Código Cero por ter incorporado o servizo Biblioteca Accesible para facilitarlle o seu uso a calquera persoa
con eiva física, vén de novo a ser protagonista na nosa redacción, ao contar,
dende onte, cun novo servizo de empréstamo de dispositivos de lectura electrónica.
En total, a Biblioteca
que dirixe Carina Fernández Faya, xa ten a súa disposición 48 lectores de
libros electrónicos: 20 dispoñibles para levar ao domicilio, 8 para consulta na
sala e outros 20 para as persoas integrantes dos seus clubes de lectura.

- Imaxe do dispositivo emprestado na Ánxel Casal, tomada de La Voz de Galicia.
Desta maneira convírtese
nunha das 15 bibliotecas españolas que contan con este servizo en todo o
Estado, que se complementa cunha plataforma elaborada pola Dirección Xeral do
Libro e Bibliotecas, para que os usuarios descarguen directamente do catálogo
os libros en formato electrónico que desexen.
Catálogo que, por
certo, inclúe obras literarias en español, inglés, francés e alemán, así como
ligazóns a outors sitios como o Proxecto Gutenberg e Bivir (Biblioteca Virtual
da Asociación de Tradutores Galegos) que permite a descarga de libros en
galego.
Nesta primeira fase, segundo
informan no xornal La Voz de Galicia, “a
maioría dos títulos serán libres de dereitos de autor”.
Que teño que facer para coller un e-reader en préstamo?
Ser socio da Biblioteca, maior de idade, e non ter préstamos sobrepasados ou sancións.
Traer o carné da Biblioteca. Lembra que o carné é persoal e intransferible polo que se poderá pedir calquera documento acreditativo da identidade do usuario (DNI, Pasaporte ...)
Solicitalo no mostrador do andar baixo.
Cumprimentar o impreso para o préstamo de obxectos 3D e asinar un acta de entrega. * O aparato préstase con funda e cable USB para transferencia de datos e carga da batería.
Só se presta 1 e-reader por usuario.
* Se usas o préstamo en sala quedaremos co teu carné mentres teñas o e-reader.
Terás que devolver o e-reader nas mesmas condicións en que o levaches.Canto tempo podo ter o e-reader?
Préstamo dentro da biblioteca :
1 día como máximo. Terás que devolvelo 1 hora antes do peche.
Préstamo a domicilio:
15 días renovables outros 15.Se cando o solicitas non hai ningún dispoñible, podes reservalo.Como se prestan os e-books?
Os e-readers para consultar na biblioteca están cargados con tódolos títulos que temos dispoñibles ate o momento (640). Os ereaders para préstamo a domicilio están baleiros. Terás que cargalos tí. A maioría dos libros están libres de dereitos de autor.
Habilitarémosche un acceso á plataforma GaliciaEbooks onde poderás coller prestado o que queiras.Plataforma de préstamo
Podes acceder desde a páxina web da Biblioteca ( www.rbgalicia.org/santiago ou busca en Google : Biblioteca Ánxel Casal), vai ao apartado Pesquisas : Catálogos : Galiciaebooks ou ben vai directamente a http://www.galiciaebooks.es
Se queres coller en préstamo un e-book terás que ter un e-reader da Biblioteca en préstamo.
Na plataforma terás que identificarte cun nome de usuario e contrasinal, que te faciitaremos no momento do préstamo, para descargarte os e-books.
O teu acceso funcionará mentres teñas o ereader en préstamo.
Na plataforma atoparás o manual de uso do aparato lector e as instrucións para a descarga, ademais da nosa selección de títulos, direccións doutras bibliotecas virtuais para descarga de e-books, recomendacións ...
Poderás deixar comentarios sobre as túas lecturas, valorar os libros e moito máis!Como podo engadir novos arquivos ao Cybook Opus?
Conecta o aparato acendido a un ordenador empregando o cable USB. Unha vez conectado, aparecerá na pantalla do ordenador unha unidade de almacenamento USB cunha serie de carpetas. Copia os arquivos de lectura na carpeta Ebooks ou na carpeta Digital editions igual que fas con calquera dispositivo de almacenamento extraíble.
Como podo ler os meus documentos persoais no Cybook Opus?
O formato dos teus arquivos ten que ser compatible co Cybook Opus. Os formatos compatibles son:
Adobe® PDF
ePUB (DRM/non - DRM)
HTML, TXT, FB2
MobipocketTM (DRM / non-DRM)
JPG,PNG,GIF (imaxes)
Se o formato dos teus arquivos non é compatible, terás que usar un software conversor de formatos para compatibilizalos (por ex. o programa Calibre ou o Sigil, ou o conversor en liña www.epub2go.com)
