596 centros de toda Galicia participarán o vindeiro curso en E-Dixgal
mércores, 13 de maio do 2026
O vindeiro curso o programa de ensino hÃbrido E-Dixgal contará coa participación dun total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia. A ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorporará á iniciativa, a petición dos propios centros, dous novos colexios, mentres que outros tres abandonarán o proxecto de maneira voluntaria.
Os novos centros que se suman ao programa son o CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). Pola contra, deixarán de participar o CEIP de Zalaeta (A Coruña), o CEIP PenÃnsula da Paz (Cervo) e o IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras).
O CPI UxÃo Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) tamén modificará a súa participación, ao abandonar E-Dixgal en Primaria e mantelo en Secundaria. Ademais, o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño (Cabanas) solicitou a saÃda do programa, aÃnda que continúa dentro do perÃodo de permanencia obrigatoria, polo que unha comisión avaliará a viabilidade da petición.
A adhesión e saÃda do proxecto E-Dixgal é voluntaria para os centros, sempre que cumpran unha serie de condicións, entre elas contar co respaldo previo do Claustro e do Consello Escolar, no que están representadas as familias. Tamén deben ter completado o perÃodo mÃnimo de permanencia establecido.
A Xunta continúa ademais co proceso de mellora do programa co obxectivo de reforzar o seu carácter hÃbrido. Neste sentido, a ConsellerÃa ten actualmente en licitación un contrato de máis de 1,1 millóns de euros destinado a dotar os centros participantes de recursos educativos impresos e material didáctico en formato fÃsico a partir do próximo curso. Estes contidos, elaborados por editoriais en soporte papel, incluirán fichas didácticas, materiais de repaso e ampliación e propostas prácticas adaptadas aos distintos niveis e áreas curriculares.
Os novos materiais complementaranse con formación especÃfica para o profesorado sobre o uso pedagóxico do modelo hÃbrido, a integración equilibrada de recursos dixitais e analóxicos, a aplicación de metodoloxÃas activas e competenciais e o aproveitamento do material manipulativo e doutros recursos didácticos. As familias tamén recibirán información mediante xornadas e talleres centrados no uso responsable da tecnoloxÃa e no acompañamento educativo do alumnado.
Desde este curso, as familias con fillos incluÃdos en E-Dixgal poden acceder tamén ao fondo solidario de libros de texto, permitindo asà que o alumnado dispoña tanto de manuais dixitais como en papel. Esta medida está dirixida a fogares con rendas iguais ou inferiores a 10.000 euros per cápita. Para as rendas superiores ata os 30.000 euros per cápita, existe unha dedución fiscal de ata 105 euros por fillo.
A utilización de libros en papel segue a ser, en todo caso, unha decisión voluntaria de cada centro, que pode incorporar ata tres manuais en Primaria e dous en Secundaria con cargo ao fondo solidario.
