UDC Conecta activa un ciclo de visitas dos clústeres galegos aos centros de investigación

luns, 16 de marzo do 2026 S. P.

Os centros de investigación da Universidade da Coruña abren as súas portas aos clústeres galegos cun programa de visitas e reunións de traballo co obxectivo de explorar e impulsar novas liñas de colaboración entre as distintas entidades.
Esta iniciativa, organizada pola Oficina de Transferencia do Coñecemento (OTC) dentro do programa UDC Conecta, permitirá achegar ás empresas integradas nos clústeres as capacidades científico tecnolóxicas dos diferentes centros e dos grupos que forman parte dos mesmos.
A axenda da iniciativa UDC Conecta iniciouse a semana pasada no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxia (CICA) e prolongaranse ata o 14 de maio. Seguiralle a xornada no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) que se celebrará o 24 de marzo. Xa en abril, desenvolveranse as sesión do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), cuxa cita é o 8 de abril, finalizando co encontro no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), programado para o 24 de abril.
A folla de ruta conxunta entre a UDC e os clústeres galegos inclúe tamén unha sesión ao Servizo de Apoio á Investigación (SAI), que terá lugar o 14 de maio.
Para asistir, é necesario que cada persoa participante (tanto do propio clúster como das entidades asociadas ás que se faga extensiva a invitación) cubra individualmente o formulario de inscrición.